SEMANA DOS AVÓS EN INFANTIL

Durante esta semana e parte da que vén os avós dos alumnos de Infantil convértense nos nosos “Contacontos especiais”.

Un ano máis Educación Infantil celebra a “Semana dos Avós”. Así durante estes días as profes deixarán de ler o conto para que sexan os avós os que se encarguen deste momento da xornada.

Os alumnos están moi ilusionados e atentos a todas as aventuras que os seus avós traen ás aulas.

Moitísimas grazas avós pola vosa entrega e colaboración.