O BALONMÁN CANGAS COLLE FOLGOS NO NOSO COLEXIO

Esta mañá estiveron no noso centro moitos dos integrantes da equipa repartindo entradas para o gran partido deste sábado e recibindo o ánimo e agarimo do noso alumnado.

O Balonmán Cangas sabe que no noso colexio conta cunha enorme canteira de xogadores, de feito varios acabaron por ter un papel destacado na primeira equipa. Así que, ante un dos partidos máis decisivos da tempada, decidiron pasarse polo colexio e pedir o apoio do alumnado para o vindeiro partido ante o BM. Sinfín. E ben que o conseguiron! Desde os cativos ata o máis maiores amosáronlles o seu ánimo, admiración e a confianza plena en que o vindeiro ano Cangas continuará tendo unha equipa na máxima categoría do balonmán nacional.

Forza Cangas!