AS FESTAS MÁIS AGARDADAS

Os días 18 e 19 de maio vivimos no colexio as Festas de Sta. Xoana. Dous días con multitude de actividades, actos e celebracións que entusiasman ao noso alumnado.

Comezamos o xoves 18 coa celebración eucarística na capela do colexio para o 2º e 3º ciclo de Primaria e ESO. Mentres que a capela  se enchía para esta celebración os de Infantil celebraban no salón de actos a Festa de clausura da Semana dos avós. O resto da mañá tivemos deportes como baloncesto, bádminton, tenis de mesa, etc.

Pola tarde Infantil e Primaria disfrutaron dunha variedade de xogos populares e Secundaria tivo a súa ansiada ginkana. A continuación foron os pais e nais os que tomaron a pista para xogar ao brilé, tiro de corda, xogos de ginkana e rematar, como non, co partido de fútbol pais/nais-profesor@s.

O momento máis esperado por todos chegou o venres pola tarde cos inchables para todos. Este ano con importantes novidades como os vehículos a pedais ou taller de chaveiros. A festa da escuma puxo o punto final a unha intensa tarde de emocións e xogos.

Lonxe de sucumbir ao cansanzo ás 21h abríanse de novo as portas do pavillón para a verbena. Un punto de encontro entre cativos e maiores, alumnos e ex-alumnos, pais-nais e fillos.

E así, coa estupenda selección musical de María Movilla rematamos, un ano máis, as festas de Sta. Xoana 2017.