UN PASO MÁIS NO CAMIÑO DA SOLIDARIEDADE E A XUSTIZA

O pasado sábado o noso centro organizou a V Marcha Solidaria en apoio do Comedor Social de Cangas.

Nenos, nenas, pais, nais, profesorado e amigos en xeral xuntáronse na Alameda Vella para a saída desta marcha. Cada participante levaba o seu carnet que debía selar en cada unha das etapas. A primeira parada foi en Massó, a segunda en Areamilla e de aí ata a capela de Sta. Marta en Liméns, donde fixeron a xa tradicional foto de familia.

O sol  e unha suave temperatura  propiciaron que esta expresión de solidariedade se convertese nun agradable tempo de encontro entre os membros da nosa comunidade educativa. Por iso son moitos os que repiten ano tras ano.

Os cartos conseguidos con esta iniciativa irán para o Comedor Social de Cangas.