LEMBRANZAS E EMOCIÓNS NA DESPEDIDA DE DE ESO

O alumnado de 4º de Secundaria despediuse do Colexio lembrando os mellores momentos vividos durante estes anos.

O acto de despedida dos alumnos de 4º comezou no salón de actos cunha actuación musical a cargo de Elisa, Naiara, Claudia e Uxío. A continuación foi Nicolás quen subiu ao escenario para ler un sentido discurso que emocionou a todo o público. Logo  a Directora foi a que tomou a palabra para dirixirse ao alumnado e animalos a camiñar cara ao futuro con ilusión e esperanza, sen esquecer o que seguirá sendo para sempre o seu colexio. Terminou a parte máis formal da despedida cun vídeo elaborado por Jesús, Manuel, Rodrigo, Juan e Hugo no que recolleron as imaxes máis divertidas e entrañables destes 13 anos vividos no centro.

A parte máis relaxada do evento viviuse no comedor do centro no que familias, alumnado e profesorado compartiron unha pequena merenda acompañada das imprescindibles fotos para gardar un recordo inesquecible deste día.