ASÍ DA GUSTO COMEZAR UN NOVO CURSO!

Aulas cuidadosamente decoradas e actividades pensadas para favorecer a integración e coñecemento mutuo, con especial atención ao alumnado de nova incorporación, marcan este inicio de curso 2017-18 nas diferentes etapas.

No Colexio somos conscientes de que o comezo de curso é un momento de inquietude para moitos nenos e nenas, e algún que outro pai e nai tamén. Por iso procuramos telo todo previsto e disposto para darlles a mellor acollida posible de xeito que muden esa inquietude por ilusión, os nervios por interese e a apatía polas gañas de aprender.

Nas galerías de fotos de Infantil, Primaria e Secundaria podedes ver imaxes destes primeiros días.