XIII SEMANA DO CINECLUBE EN CANGAS

Comezado o curso e pasadas as probas de avaliación inicial os alumnos de quinto e de sexto de Educación Primaria asisten a un pase do Cineclube moi enriquecedor.

O Cineclube de Cangas proxectou onte o filme "La vida de Calabacín" dentro da súa oferta educativa para colexios na súa XIII Semana do Cine na nosa Vila. A película de stop-motion de orixe Suiza fala da vida dun neno alcumado Calabacín, aínda que de nome Ícaro, ó que a vida non lle resultra moi doada, sobre todo despois da morte da súa nai ó recalra nun orfanato. A película dura de contido, pero con certos toques de humor, é unha adapatación da novela de Gilles Paris "Autobiografía de Calabacín" que aínda sen terse estreado, convertiuse na película de animación máis premiada do 2016.