DESCUBRINDO O OUTONO

Cantas emocións reflexadas nas caras dos nenos de  infantil na súa primeira excursión do curso!

Cheos de ilusión, ledicia e asombro, acercáronse ó entorno da igrexa de Darbo para descubrir de preto as características propias do outono, os cambios que este aporta á natureza e observar “onde” e “como” nace un dos seus froitos máis característicos: a castaña.