SANTA MARÍA DE DARBO

Terceiro de Educación Primaria visita un dos enclaves romeiros máis emblemáticos da nosa cultura Canguesa.

O pasado 28 de setembro o alumnado  terceiro de Primaria visitou Darbo e a súa contorna. De camiño  pasamos por varios elementos da arquitectura popular: lavadoiros, hórreos e cruceiros. Alí observamos a igrexa de Santa María de Darbo, o cruceiro e a fonte Barroca. Os nenos e nenas realizaron diferentes actividades como: recolecta de castañas, xogos diversos e merenda. Pasando unha interesante e divertida xornada todos xuntos.