PROGRAMA DE MEDIACIÓN

O Programa de Mediación bota a andar este curso.

Este curso ponse en marcha o programa de mediación entre iguais. A finalidade do programa é a resolución de conflitos que xurdan e teñan lugar no recreo de educación primaria. 

Actualmente, os alumnos de 5º de Educación Primaria que se presentaron voluntarios para ser mediadores, están a recibir unha formación previa  que os capacite para levar a cabo dito programa.