UN SAMAÍN DE MEDO

Un ano máis os disfraces terroríficos, os doces típicos, as cabazas, os trucos e os tratos estiveron moi presentes na tarde de Samaín do colexio.

Este martes 31 de outubro celebramos novamente a chegada da noite máis terrorífica do ano. É a festividade (de orixe celta) máis importante do período pagán en Europa ata a súa conversión ó cristianismo. Esta noite do 31 de outubro ó 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas (etimoloxicamente é o final do verán) e era considerada como o  «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura. É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ó outro mundo. 

Está noite tan especial que mestura tradición e globalidade entre máscaras, velas e cemiterios engalanados, está collendo moito pulo estes últimos ano na vila. Tanto é así que nenos e pais non dubidan en caracterizarse dalgún personaxe para saír ás rúas na procura de doces obtidos mediante a pregunta de truco ou trato.