CONVIVENCIA DE GRUPOS LESTONNAC

O sábado 28 de outubro, Ferrol foi o punto de encontro de 350 alumnos dos colexios da Compañía de María da Coruña, Santiago, Vigo e Cangas, ademais dos pertencentes aos dous centros da cidade: Compañía de María e Lestonnac, que foron os organizadores.

A cita deste ano (cada curso celébrase nunha cidade distinta de maneira rotatoria) desenvolveuse baixo a denominación de Mergúllate nun oceáno de emocións.

O programa deseñado para o efecto incluíu unha ruta en barco pola ría de Ferrol e un xogo a través de códigos QR para coñecer a historia da cidade a través dos seus monumentos máis significativos. Esta actividade didáctica desenvolveuse durante toda a mañá.

Xa pola tarde, e nas instalacións do colexio de San Amaro, os alumnos participaron nunha serie de xogos relacionados coa educación emocional, para concluír o encontro cunha foto de familia.

Podedes ver as fotos da xornada picando nesta ligazón.

https://spark.adobe.com/page/5gDK79vrIT1cQ/