UN CURSO INTENSO PARA DE SECUNDARIA

Excursión polo sur de Ourense, taller de fotografía, sesión de interioridade ou participación na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero son un bo exemplo do que están a facer os maiores do cole.

Fai xa unhas semanas que tiveron a 1ª excursión do curso durante a que visitaron o mosteiro de Celanova, o campamento romano de Bande e o seu centro de interpretación para ramatar a xornada cun relaxante baño nas termas de Outariz.

Un grupo está iniciando un taller de fotografía no que, partindo dos conceptos máis básicos como o manexo da cámara ou fundamentos da luz, seguir progresando durante este curso ata chegar a composición ou retoque dixital.

A semana pasada estiveron nunha sesión de interioridade reflexionando sobre a súa identidade como adolescentes que resultou divertida e proveitosa.

Na actualidade as sesións de titoría utilízannas para reflexionar e debater sobre a violencia de xénero e preparar a súa participación no acto que, organizado polo Concello, terá lugar o venres 24 de novembro.

Na imaxe podedes ver a un grupo deste alumnado durante a súa visita ao mosteiro de Celanova.