UNHA LONGA VIAXE A TRAVÉS DA MÚSICA

Un percorrido polas músicas do mundo nun concerto en directo para Infantil, 1º e 2º de Primaria
Subidos ó tren da imaxinación, ben agarrados as butacas do auditorio e da man de Alegría, Colorín e Colorado, os alumnos de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria, disfrutaron dun pequeno concerto en directo con cancións infantis de diferentes lugares do planeta.
Neste espectáculo, “El pequeño musical”, que tiña como finalidade introducir os nenos e nenas a través da música na interculturalidade e diversidade entre pobos, deron a volta ó mundo nun tren imaxinario para coñecer os diferentes estilos musicais e instrumentos tradicionais de cada un dos países que visitaron.
A viaxe non rematou alí, cada un dos alumnos poderá prolongala canto desexe, escoitando e aprendendo as cancións do musical cun CD recopilatorio que levaron para casa.