NENA MARÍA 2017

O martes día 21 celebramos no Colexio a Festa da Nena María, unha tradición con máis de 400 anos de historia.

Na tarde do luns tivo lugar a Ofrenda Floral á Nena María na que, como novidade, participou todo o alumnado do centro e na que os mozos e mozas de 4º de Secundaria acompañaron aos máis cativos do cole.

O martes iniciamos o día coa procesión no patio na que estiveron moi presentes os dramáticos incendios do pasado mes de outubro (como ilustra a fotografía desta nova). A continuación tivemos a Eucaristía na capela marcada polo lema de Pastoral deste ano: "A vida é un agasallo. Regálaa".

Pola tarde fixemos o Magosto con xogos no patio como corda, chapas, maquillaxe, brilé, ... e unha tómbola solidaria de libros.