PAPIROFLEXIA MODULAR E CONSTRUCIÓN COLABORATIVA

Dentro da área de Educación Plástica Visual e Audiovisual, os alumnos e alumnas de 3º de ESO, levaron a cabo a construción dun cubo infinito que nos lembra, ao manipulalo, á maxia dun caleidoscopio.

Este proxecto consta de oito cubos ou hexaedros distribuidos en dous grupos de catro. Os catro cubos de cada grupo son idénticos entre si e ao mesmo tempo imaxes especulares dos otros catro. A súa vez, cada cubo está formado por seis módulos de distintas cores.
A metodoloxía e distribución do traballo realizouse de xeito que ademais dos conceptos propios da área, os alumnos e alumnas acadasen competencias tanto de habilidades manuais como de traballo cooperativo. En todos e cada un dos oito cubos que conforman o cubo infinito hai unha aportación de cada un dos alumnos.
Noraboa a todo o alumnado de 3º: os seis equipos puideron ao final manexar e divertirse co seu cubo infinito.