ASÍ SON EU!

 A aula de Educación Infantil 3 anos, ten ó longo de todo o curso as portas abertas á participación dos pais dentro do programa “Protagonista da semana”.

Trátase dunha actividade de titorías que ten como obxectivo dar a coñecer de forma moi especial e máis profunda ante os seus compañeiros a cada un dos alumnos.

 Nela utilízase como motivación a “ Pam” (a mascota da aula) que os acompaña ó longo dunha fin de semana, na que en familia elaboran unha sinxela tarefa que presentarán xuntos unha tarde no colexio acompañada de obxectos ou imaxes que mostran o propio “Eu” do pequeno.

Todos esperan ansiosos o seu momento!