A RADIO DE INFANTIL

Inusuais “locutores de radio” na aula de Educación Infantil 5 anos coa colaboración de Roberto, pai dun dos alumnos, dentro da unidade sobre os medios de comunicación.

No camiño de vivenciar e ampliar coñecementos sobre os medios de comunicación, os alumnos de Educación Infantil 5 anos viviron na aula unha experiencia divertida e moi
gratificante: Converterse durante uns intres en inusuais “locutores de radio”.
Esta experiencia levouse a cabo coa colaboración de Roberto, (pai dun dos alumnos da clase). Nela, cada neno/a participou, a elección propia, nunha das sección das que
contou o programa: Novas, entrevistas e actuacións musicais.
A experiencia pechou unha unidade na que entre outras actividades, fixeron unha excursión a oficina de correos do pobo para enviar una carta (medio practicamente
descoñecido para eles) escrita por eles mesmos e dirixida ós seus pais. Elaboraron tamén (como actividade cooperativa) un xornal coas novas propias da clase.