O RETO DE DON DINO
O alumnado de 4º de ESO elabora na área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación un xogo con Scrach.
A aplicación pon a proba as habilidades de cálculo de usuarios dende 0 ata 21 anos. (aos maiores de 21 anos non lles permite xogar).
Establecemos tres niveis de dificultade segundo a idade:
• Menor de 8 anos
• Entre 8 e 12 anos
• Dende 13 ata 21 anos
O programa propón aleatoriamente dous sumandos de maior ou menor dificultade atendendo ao rango de idade ao que pertence o xogador. Por exemplo, non propón números negativos aos menores de 12 anos, e a elección dos números para os menores de 8 anos faise con números mais pequenos que si se tratara de nenos con idades comprendidas entre 8 e 12 anos.
Para todos os rangos de idade, e coa intención de que as partidas non se perpetúen, a dificultade da operación a realizar vaise incrementando a medida que o usuario acumula puntuación.
Para empezar a xogar hai que premer a bandeira verde.
O xogo rematará no momento en que o xogador cometa dous erros.
Atréveste co Reto de Don Dino?