A ESCRITORA LEDICIA COSTAS ACHEGA A LITERATURA ÓS ALUMNOS DA ESO

O martes 10 de abril, tivemos o pracer de contar un ano máis coa presenza da escritora Ledicia Costas no noso centro.

Ledicia Costas, malia a súa xuventude, foi galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e xuvenil no 2015 pola súa obra Escarlatina e a cociñeira defunta, libro do que gozaron este curso os alumnos de 5º de EP.
O pasado martes, a recentemente nomeada ” Viguesa Distinguida” xunto co escritor Antonio Teijeiro, achegouse ó noso centro para compartir cos alumnos de 2º e 3º da ESO a súa paixón pola literatura e as súas vivencias e anécdotas como escritora.
Desde a frescura e a proximidade coa que sempre se dirixe ós seus lectores, Ledicia provocou a interacción espontánea dun alumnado entusiasmado por coñecer a persoa que foi quen de enganchalos nunha lectura tan apaixonante.
Por problemas de axenda ao día seguinte non puido completar o seu periplo no noso centro, mais estamos impacientes de poder concertar con ela outra data para que os alumnos de 5º de EP teñan a oportunidade de coñecela.