ESTUDO DOS LIXOS MARIÑOS NAS PRAIAS DE CANGAS

O alumnado de Bioloxía de 4º de ESO coordinados polo seu profesor, Joaquín Álvarez García, ven de realizar un estudo dos lixos mariños nas praias de Cangas.

Para realizar este traballo baseáronse no protocolo do PROGRAMA DE SEGUEMENTO DE LIXOS MARIÑOS EN PRAIA do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medioambiente enmarcado no Convenio OSPAR para a protección do Atlántico Nordeste.

Realizaron a mostraxe en praias do Concello de Cangas que non teñen servizo de limpeza mecánica en ningún momento do ano. Durante a mesma clasificaron os diferentes obxectos atopados, realizando fotografías dos mesmos para posteriormente depositalos nos colectores municipais.

A culminación de todo este estudo podemos vela estes días na Sala de Exposicións do noso colexio con gráficos, fotografías, mapas e unha pequena mostra do lixo recollido para concienciarnos a todos sobre este grave problema medioambiental.