MENUDOS CHEFS E AXUDANTES DE COCIÑA

Avós, avoas e alumnos de educación infantil veñen de celebrar unha nova “Semana dos avós” que chegou xa a súa 18ª edición.

Este ano, dedicado ó tema da “cociña”, fixérono cun obradoiro de elaboración de pan, no que aunando experiencia, entusiasmo e creatividade, elaboraron de forma cooperativa e totalmente artesanal, un pan espectacular ademais de moi rico.

Este foi o primeiro, pero ó longo da semana, puideron desfrutar da participación en outros dous, un de elaboración de galletas e outro de biscoitos. Estas experiencias, a xulgar polas caras e as emocións vividas foron sumamente divertidas e moi enriquecedoras para ambas partes.

A semana, na que se pretende revalorizar a figura e o papel dos avós e avoas culminou o martes cunha festa de convivencia común.

Felicitar de forma especial ós avós e avoas participantes. ¡Que cantidade de cousas podemos aprender deles! Moitas grazas por colaborar.