FINALISTAS DO CONCURSO MATEMÁTICO PANGEA

Nove alumnos do noso centro foron finalistas entre preto de 12000 participantes de toda España, obtendo uns resultados destacados na primeira fase do concurso matemático Pangea celebrado no mes de abril no noso centro.

Por iso, foron convocados á segunda rolda celebrada o sábado 19 de maio en Ourense onde ademais de poñer a proba de novo os seus coñecementos matemáticos, gozaron á súa vez dunha experiencia inesquecible.

Parabéns a todos os alumnos participantes neste certame matemático e entre eles aos nosos finalistas: Raquel Otero, de cuarto de primaria; Darío Giráldez e Juan Galego, de quinto de primaria; Mariña Rodal, Iris Cordeiro, Rubén Verde e Yeray Sá, de sexto de primaria; e Carla Rodríguez e Griselda Hermelo de segundo da ESO.