RESUMO DAS FESTAS DE SANTA XOANA

Celebración, competicións, xogos, música e moita diversión nestas Festas de Santa Xoana 2018.

A celebración da Eucaristía na capela do Colexio foi a mañá do martes 15 para o segundo e terceiro ciclo de Primaria e ESO. Mentres Infantil e o primeiro ciclo de Primaria celebraban a festa de clausura da Semana do Avós no salón de actos.

Pola tarde Infantil e Primaria tiveron xogos populares e a ESO a súa famosísima ginkana á que se incorporaron dúas equipas de pais/nais e un de profesoras/profesores a partir das 17h.

O mércores pola mañá disputáronse as probas deportivas en todas as etapas: velocidade, relevos, fondo, peso, salto de lonxitude e a gran final do Torneo de Bádminton.

A festa con inchables variados e a festa da escuma fixeron que a tarde pasara nun suspiro.

A guinda final a estes dous días de festa púxoa a verbena na que se deron cita alumnos/as, familias, profesores/as e moitos ex-alumnos.

Xa queda menos para as Festas de Sta. Xoana 2019!