VI MARCHA SOLIDARIA

Este vindeiro sábado día 2 de xuño ás 10h saldremos la Alameda Vella de Cangas cara Liméns na VI Marcha Solidaria.

Podes recoller o teu carnet de participante no Colexio ou o día da Marcha antes da saída. Busca patrocinadores, sela o teu carnet en cada punto de reunión e disfruta da paisaxe e dunha mañá en boa "Compañía".

Todo o diñeiro recadado con esta iniciativa irá para o Comedor Social de Cangas.