OFERTA DE NOVAS DATAS PARA OS EXAMES DE OXFORD

Xa temos as datas para os exames de Oxford Test Of English no noso centro para o vindeiro ano 2019.

En 2018 estreámonos como centro examinador de Oxford Test Of English, un dos primeiros de toda a zona noroeste de España e único no Morrazo. Logo de sete convocatorias e ducias de alumnos (mozos e adultos) acreditados con nós, sentímonos orgullosos de seguir ofertando esta chave que abre moitas portas, tanto laborais como académicas.

Para o vindeiro ano, temos preparado un novo calendario con convocatorias que se adaptan ás necesidades e ós ritmos de cada un. As datas para este 2019 son:

  • 26 de xaneiro
  • 16 de marzo
  • 25 de maio
  • 29 de xuño
  • 6 de xullo
  • 14 de setembro
  • 16 de novembro

Con este exame, en só 2 horas e con resultados en 15 días, calquera pode acreditar o seu nivel de inglés (A2, B1 ou B2).

Máis información e inscricións na web: ote.ciamariacangas.es