MERGULLADOS NA HISTORIA

O alumnado de 4º de ESO percorre, na súa primeira excursión deste curso, Celanova, Bande e as termas de Outariz, combinando cultura, paisaxe, historia e lecer.

Comezaron a viaxe hai máis de mil anos, data na que se sitúa a orixe do famoso mosteiro de Celanova. Percorrérono coa axuda da guía do Concello que lles ensinou os segredos mellor gardados deste extraordinario edificio.

Seguindo ese camiño cara atrás no tempo chegaron ao campamento romano de Bande para visitar o seu centro de interpretación e a propia ubicación do Aquis Querquennis. Un lugar estratéxico para o imperio romano no que, como puideron comprobar, continúan as escavacións arqueolóxicas.

Logo do xantar achegáronse á cidade de Ourense para relaxarse bañándose nas termas de Outariz.