VISITA Á CIDADE LÁMBRICA

Os alumnos de 3º fixeron a primeira excursión do  curso a terras de Ourense: Ribadavia e Castro de Lás.

Nun primeiro momento visitaron as instalacións de Viña Costeira, unha das principais  bodegas da denominación de orixe “Ribeiro”. Puideron visualizar e comprender o proceso de elaboración do viño e a modernidade dunha bodega feita polos socios coperativistas.

No segundo momento achegáronse ao castro de San Cibrao de Lás, a Cidade Lámbrica, un dos maiores castros fortificados de España. Percorreron o centro de interpretación coas súas exposicións acompañados por un magnífico guía. O paseo guiado polo castro foi un achegamento á excavación e reconstrucción dos restos asi como á forma de vida de hai 2100 anos (A estructura da Cidade e das casas, as costumes…)

O día rematou cunha breve visita a vila de Ribadavia e o seus barrios históricos.