AS RAPAZAS TOMAN A PISTA

As alumnas de Secundaria organizan un torneo de fútbol sala con representantes de tódalas aulas.

Expectación máxima durante o primeiro partido que enfrontou a 2º  contra 4º B de ESO. Espectaculares xogadas que levantaban a admiración do público, goles, polémica arbitral, ... non faltou ningún ingrediente neste partido inaugural. Ata contou cunha destacada animadora: a nosa Directora!

Desde aquí queremos felicitar ás organizadoras do torneo pola iniciativa e a tódalas participantes. Ánimo! A pista é vosa!