TEATRO E MAXIA CHAMAN A ATENCIÓN DOS MÁIS PEQUENOS DO COLEXIO

A compañía de teatro Colorín-colorada presentou para os alumnos de Educación infantil “O mono que quería ser meigo” .

O espectáculo, que tivo lugar nas instalacións do Auditorio Municipal, combinou o teatro con algúns trucos de maxia. Nel, os alumnos puideron participar dando axuda ao protagonista; un mono pouco hábil para lembrar as palabras máxicas e facer reaparecer tras varios intentos ao mago que accidentalmente desaparecera do escenario.