CONCURSO DE CARTEIS PARA O CERTAME DE CARTAS DE AMOR

Este curso, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, organizador desde hai uns anos do Certame de Cartas de Amor, convocou un concurso de carteis entre os alumnos de 3º e 4º de ESO para impulsar dito Certame.
Desde as áreas de Educación Plástica e Audiovisual en terceiro e de Tecnoloxías da Información e Comunicación en cuarto deseñaron uns carteis en tamaño A3. Estes carteis, pequenas obras de arte deseñadas polos alumnos, colocados en diferentes espazos do colexío realizarán a dobre e importante tarefa de animar á participación á vez que amosan a creatividade dos seus autores.
Na galería de Secundaria temos unha mostra dos realizados en cuarto empregando software de edición de imaxes.
SORTE A TOD@S!