DÍA INTERNACIONAL PARA A CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O día 2 de abril unímonos a esta campaña decorando o noso Colexio con globos azuis e realizando o símbolo de infinito escollido como lema este ano.

Os trastornos do espectro autista (TEA) son un grupo de discapacidades do desenvolvemento provocadas por unha anomalía no cerebro. As persoas con TEA tenden a ter problemas sociais e de comunicación. Tamén son propensas a certas condutas repetitivas e non queren cambios nas súas actividades diarias. Ademais, moitas persoas con TEA aprenden, prestan atención e reaccionan ante diferentes sensacións de maneira inusual. Os TEA comezan na infancia e perduran durante toda a vida dunha persoa.    

Un ano máis, o movemento asociativo do autismo en España organizou este 2 de abril, en coordinación con Autismo Europa, unha campaña para visibilizar a realidade e necesidades do colectivo de personas con autismo e as súas familias.

A implicación do noso alumnado nas actividades propostas foi total, desde Infantil a Secundaria, traendo globos, decorando o Colexio e formando o símbolo de infinito como fío condutor desta xornada.