DÍA DO LIBRO EN EDUCACIÓN INFANTIL

Como colofón das actividades levadas a cabo ó longo deste mes en relación á conmemoración do día do libro, os alumnos de educación infantil realizaron diferentes saídas.
-
Os de 5 anos visitaron a Biblioteca Municipal do noso pobo. Ademais de percorrer as súas instalacións da man da súa bibliotecaria, gozaron con asombro e, como recién iniciados lectores, das aventuras e da maxia que encerran os libros.
-
Os de 3 e 4 anos visitaron unha libraría do pobo, onde ademais de coñecer de primeira man o que se fai alí, escoitaron a lectura dun fermoso conto.
Todos eles remataron cun agradable paseo e un divertido rato de xogo ó aire libre.