A NOSA PROFESORA, CONSUELO LAGOA, UNHA DAS CREADORAS DO NOVO MÉTODO DE SM PARA ED. INFANTIL

Estes días tivo lugar a presentación do novo método de Educación infantil da Editorial  SM, chamado Castoria.

Na presentación, que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, contamos coa participación da nosa profesora e coordinadora de Educación Infantil, Consuelo Lagoa Pérez, quen foi a encargada da creación da proposta “maker” para 5 anos que se inclúe no material desta editorial.

Chelo, explicou a todos os profesores presentes de distintos colexios de Galicia en que consiste a proposta maker e levou a cabo con todos eles un obradoiro práctico, no que tiveron a oportunidade de experimentar co material co que este curso están traballando os máis cativos.

O movemento maker na educación supón “aprender facendo” e implica, polo tanto, unha aprendizaxe activa e práctica, que permite explorar, planificar, crear, construír e aprender dos erros. Na aula este movemento permite traballar por retos, estimular o pensamento lóxico e a experimentación.