XOGA CON NÓS
Pon a proba a túa memoria e axilidade visual con este xogo programado polo alumnado de 4º na área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Para empezar a Xogar Preme na bandeira verde. Presta atención as imaxes e conta cantas hai de cada tipo. O número de imaxes presentadas, vai aumentando cada ronda. O Xogo remata cando cometemos 3 erros.
Este programa foi feito empregando a aplicación Scratch polos alumnos da área de Tecnoloxías da Información e Comunicación de 4º de ESO do curso 2018/2019.
Cada alumno aportou algunhas ideas funcionais e/ou estéticas. Unha proba, é esta versión publicada feita por Vanesa Herbello, alumna de 4ºESO B.
Se queres probar outro xogo, busca na web “ O Reto de Don Dino” feito polo alumnado desta mesma área o curso pasado.