COMEZA A FUNCIONAR O COMPOSTEIRO DO CENTRO

O luns 13 de xaneiro, os alumnos de quinto curso recibiron a visita dun Mestre Composteiro. Xuntos puxeron en marcha o composteiro do Centro e aprenderon sobre o seu uso e  mantemento. 
Estas nenas e nenos serán os encargados de botar no composteiro os restos orgánicos que sobren das merendas e postres do resto do alumnado e estarán pendentes de todo o proceso para que este chegue a bo porto. 
O compost utilizarase para o horto escolar. 
O martes, foron os alumnos de terceiro e cuarto de primaria os que gozaron da charla a cargo de Revitaliza. Coidar o noso planeta é función de todos!

Estas actividades englóbanse dentro do proxecto anual de medio ambiente no que está inmersa toda a comunidade educativa.