PROGRAMA DE SEGUIMENTO DOS LIXOS MARIÑOS NAS PRAIAS DE CANGAS

Publicados os resultados do proxecto de investigación realizado polos alumnos de 4º de ESO da área de Bioloxía ao longo do ano 2019.

A orixe do noso proxecto está na observación da presenza moi significativa de lixos de diferentes orixes nas praias de Cangas e a necesidade de que os nosos alumnos teñan una iniciación na investigación científica.

Defínese como lixo mariño a calquera sólido persistente de orixe non natural (producido ou transformado polo home), que sexa rexeitado, depositado ou abandonado en ambientes mariños e/ou costeiros. 

Este programa de seguimento de lixos mariños realízase en cinco praias do concello de Cangas que non teñen limpeza mecanizada ao longo do ano e atópanse situadas na proximidade da vila: Alemáns, Salgueirón, Congorza, Medio e Cunchiñas.

En cada Praia realízaronse 4 mostraxes (campañas) no ano 2019 (inverno, primavera, verán e outono) coa finalidade de avaliar a existencia dun comportamento estacional na presenza de lixo marino. Para a realización da mostraxe seguiuse un formulario estandarizado baseado no Programa de Seguimento de Basuras Marinas do Ministerio de Medioambiente.

Na realización das mostraxes retírase o lixo observado e posteriormente procédese a súa contaxe e a inclusión dos datos obtidos nas correspondentes follas de cálculo para o seu estudo. As mostraxes documéntanse fotograficamente. 

Nas campañas do ano 2019 retiránrose 741 kg de lixos cun total de 31.231 obxectos repartidos nas categorías que amosa o seguinte gráfico. 

Os obxectos máis numerosos son vidros (19.918), a meirande parte deles moi redondeados. En segundo lugar atopamos materiais  cerámicos e de construcción (5.067), tamén moi redoneados. En terceiro lugar temos os plásticos con 4.237 obxectos de diversa orixe.