CERTAME DE CARTAS DE AMOR

O pasado 14 de febreiro o alumnado do centro participou no “Certame de Cartas e poemas de Amor” promocionado polo EDLG, para o día de San Valentín.
Todos os participantes foron agasallados cunha lambetada como agradecemento polo seu esforzo, e os gañadores recibiron un VALE, para gastar na tenda do colexio.
Aproveitando a temática participamos nun certame similar do Concello de Cangas, recibindo un accésit da man da Concelleira de Educación e Xuventude, Ingrid Oprea o propio día dos namorados.
Por outra banda e para animar a participar ao alumnado do centro neste certame de “Cartas e Poemas de Amor”, 3º e 4º da ESO deseñaron un cartel promocional que se expuxo en diferentes recunchos do colexio, á vista de todo o alumnado.
En Infantil, na clase de 5 anos, escribíronse bonitas cartas de amor e amizade para celebrar o día de San Valentín. O EDLG agasallou a todos os alumnos cunha lambetada.