BÚSCASE MASCOTA

Tedes ata o 1 de febreiro para enviar a vosas propostas de mascota para a biblioteca do noso colexio.

A nosa biblioteca está acomentendo un profundo proceso de renovación do que xa vos iremos dando conta. Dentro deste proceso, as súas responsables decidiron organizar un concurso entre o alumnado do colexio para atopar unha mascota que acompañe todas as actividades que teñen previsto realizar. As bases do cocurso tédelas no propio cartel colocado por todo o centro e na imaxe que acompaña esta nova.

Animádevos e participade!