COMEDOR 2020/21

Este ano, debido ás circunstancias, precisamos coñecer coa maior antelación posible o número de usuarios fixos de comedor. Por iso creamos un formulario de inscrición online que debedes cubrir no caso de estar interesados no servizo.
O servizo de comedor escolar permanecerá en funcionamento, seguindo as normas de seguridade do Protocolo COVID-19, a totalidade dos días lectivos do curso, dando comenzo o día 10 de setembro de 2020 e rematando o día 22 de xuño de 2021, sempre que o Centro permaneza aberto.
O procedemento será o seguinte:
PARA USUARIOS DIARIOS E USUARIOS CON DÍAS FIXOS (un ou máis días fixos á semana):
-
Cubrir debidamente a ficha de inscrición que aparece premendo neste enlace ou no apartado correspondente ao comedor da nosa web.
-
Cubrir os datos para a domiciliación bancaria incluídos no formulario de inscrición do punto anterior.
Para a domiciliación dos recibos mensuais:
-
O cobro das mensualidades farase entre o día 1 e o 10 do mes vixente no que se fai uso do servizo.
-
A devolución dun recibo non resolto no prazo de 15 días, provocará a baixa no servizo.
PARA USUARIOS ESPORÁDICOS (días soltos):
Calquera usuario que demande o servizo de comedor de forma eventual, deberá facelo saber na recepción do colexio á hora da entrada.
PARA TODOS OS USUARIOS
-
Calquera tipo de corrección ou modificación de datos de inscrición, asistencia ou incidencia no servizo, deberá comunicarse na secretaría do centro.
-
As baixas deberán comunicarse con alomenos 10 días de antelación e sempre antes do remate do mes anterior ó cal se quere facer efectiva a cancelación do servizo.
-
Non se aceptarán cancelacións no mesmo día.
-
Atenderanse as necesidades daquel alumnado que por calquera incidencia teña a necesidade de facer uso do servizo de comedor.
-
O prezo deste servizo establecerase cada comezo de curso coas súas revisións e actualizacións pertinentes.
-
Será motivo de baixa no servizo de comedor o non cumprimento das normas establecidas dentro do propio servizo, das normas establecidas no horario posterior en recreo e sesión de estudo ou o impago reiterado das mensualidades
PREZOS DO SERVIZO 2020/2021
Para os usuarios fixos: o custo do comedor escolar para o curso 2020/2021 será de 5,25€ diarios para aquel alumnado que contrate o servizo de comedor mensual todos os días. O importe a abonar cada mes variará en función do número de días lectivos que este teña.
Facturaranse todos os días lectivos de cada mes e non se descontarán os días que non fagan uso do servizo, exceptuando os casos de baixa.
Para aqueles alumnos con días fixos ou de uso esporádico, o prezo de cada día de comedor escolar será de 7,00€.
Ás familias numerosas acreditadas con todos os integrantes matriculados no centro, aplicaráselles un desconto dun 5% neste servizo sempre que fagan uso diario mensual, non no servizo esporádico.
No apartado correspondente ao comedor da nosa páxina web atoparedes as indicacións para poder descargar o menú mensual.