REUNIÓNS DE PAIS/NAIS DE COMEZO DE CURSO

Debido á situación que estamos a vivir, este ano estas reunións cos titores de cada curso farémolas de xeito telemático a través de Google Meet.

As datas son as seguintes:

  • Ed. Infantil: martes 6 de outubro ás 18:00h
  • Ed. Primaria: martes 13 de outubro ás 18:00h
  • Ed. Secundaria: mércores 14 de outubro ás 18:00h

Para poder acceder ás diferentes salas de reunión virtual:

  • Ed. Infantil e 1º a 5º de Ed. Primaria recibiredes  un correo do titor/a na conta do voso fillo/a co enlace de acceso.
  • 6º de Ed. Primaria e Ed. Secundaria recibiredes un correo do titor/a na vosa conta persoal de Gmail. Os que non teñades esta conta recibiredes o enlace na conta do voso fillo/a.

Pódese acceder desde calquera dispositivo: ordenador, portátil, táblet ou smartphone independentemente do sistema operativo que teña instalado. Tampouco é preciso instalar ningún software.

Lembrade entrar sempre co micro pechado e abrilo unicamente para facer algunha pregunta.

Vémonos en Meet.