NON QUEDES DE BRAZOS CRUZADOS. ROMPE O SILENCIO
O alumnado de 4º de ESO participa hoxe no Día Internacional contra a Violencia de Xénero publicando un vídeo para sensibilizar aos máis novos sobre este tema.
Logo de varias sesións de titoría traballando sobre este problema social, con debates e actividades diversas, decidiron unirse á campaña organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Cangas coa elaboración deste vídeo. Nel tratan de poñerlle nome e prestan a súa voz a moitas mulleres que foron asasinadas no que vai de ano es España. Tamén se dirixen a outros xóvenes para sensibilizalos sobre esta lacra.
O guión e a montaxe deste vídeo son obra deles.
Na imaxe da portada desta nova podedes ver a algúns dos participantes posando coa máscara que lles regalou o Concello de Cangas pola súa participación nesta campaña.