NOVOS PANEIS INTERACTIVOS PARA ED. INFANTIL
O alumnado de 4 e 5 anos de Ed. Infantil leva o seu método ao entorno virtual grazas aos novos paneis interactivos instalados nas aulas.
No vídeo seguinte podedes ver como están integrando as actividades en papel coas dixitais e descubrindo todas as posibilidades desta nova ferramenta que acaba de chegar ao centro.
A combinación dun excelente método de aprendizaxe, un profesorado ben formado e os mellores recursos tecnolóxicos dispoñibles posibilitan nunha auténtica educación de calidade.