MEDIACIÓN ENTRE IGUAIS

A axuda entre iguais é un método alternativo de resolución de conflitos, onde existe un terceiro imparcial (o mediador ou mediadora) que colabora coas persoas involucradas no problema, axudándoos  para que intenten atopar unha solución.

Son os/as alumnos/as que cursan 6º de Ed. Primaria os encargados de ser mediadores este curso nos recreos sempre tendo en conta as medidas de seguridade anti Covid-19. Todos eles foron formados previamente en habilidades básicas de resolución de conflitos e en valores claves da mediación como, cooperación, comunicación, respecto á diversidade, responsabilidade e participación.

Os resultados xa están deixando notar.