DÍA DA DISCAPACIDADE

Como cada ano, o 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con Discapacidade. No colexio intentamos educar en todos os aspectos da vida, dar visibilidade as diferenzas de cada un e respectalas son uns dos obxectivos que cada curso nos plantexamos.

 O curso pasado traballamos en torno as capacidades que temos cada un e este centrámonos nas dificultades, porque ser consciente de que todos somos diferentes é o primeiro paso para comprender a diversidade. Os pequenos de Ed. Infantil visualizaron o estupendo conto do elefante "Elmer" e colorearon fermosos elefantes para facer unha manada. En Ed. Primaria e Secundaria "O cazo de Lorenzo" foi o vídeo elixido, lido por dous alumnos da aula de especial, os alumnos e alumnas reflexionaron sobre o cazo que cada un arrastramos. Aquí deixamos os enlaces aos contos e as fotos dos paneis realizados. ELMER https://www.youtube.com/watch?v=YvxIr6-apTk&t=75s EL CAZO DE LORENZO https://www.youtube.com/watch?v=x5fLmTmvhmA&t=5s