Inauguramos unha nova web

Coa vocación permanente de servizo e a de adaptarnos á realidade de cada momento inauguramos esta nova páxina con un novo enderezo: www.ciamariacangas.org

Unha web con elementos comúns e conectada co resto dos centros Compañía de María de España. Adaptada para dispositivos móbiles e máis dinámica e actual pero conservando da anterior aqueles elementos máis valorados por todos: os calendarios (de colexio e de aula), os enlaces (á Xunta, a Little Bridge, ás apps de Google, ...) e ás descargas.

Aínda faltan algunhas seccións por rematar pero non podíamos xa conter as gañas de lanzala ao mundo polo que contamos coa vosa comprensión.

Esperamos que vos guste. A nós encántanos!