O día máis terrorífico do curso

Un ano máis, coa caída da folla e coas cabazas en época de recoleción chega unha das celebracións festivas que ano a ano está gañando máis adeptos: o Samaín.

Cabazas, manualidades e todo tipo de adornos decoran a nosa sala de usos múltiples que un curso máis fan que ós máis pequenos de Educación Infantil e Primaria se lles poñan os pelos arrepiados do medo.

Unha tarde moi especial para eles que da paso a unha das noites onde as historias de medo, os contos e lendas máis escuras son tema de conversa de todos