SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA

Os alumnos de terceiro e cuarto de Educación Primaria asistiron á obra teatral "Sandra e Meirol en Xistralia"

A obra posta en escea pola agrupación Gaiteiros da Xistra, tivo lugar este pasado 1 de febreiro no auditorio de Afundación de Vigo co seguinte argumento: Meirol, un amigo, un músico, un caracol, acompañará a Sandra nunha viaxe chea de sorpresas e obstáculos. Ambos xogarán cos instrumentos musucais tradicionais e cos Fastudos, coñecerán un novo mundo máxico onde conviven meigas e dragóns, cantarán e bailarán ó son das muñeiras, "jotas" ou pasarrúas e, ata a propia Sandra, estará a punto de ser raptada por Terco, o malvado dragón de dúas cabezas.

Además de pasar un bo rato asisitindo á representación, os alumnos tamén disfrutaron dun pequeno tempo para comentar, xogar e merendar na alameda.