INVERNO ESPECIAL NA AULA DE 3 ANOS

Por que sempre lle fas debuxos? Que lle vas a debuxar hoxe?

Estas son algunhas das preguntas que os pequenos de 3 anos fan cando a profesora de Educación Especial intervén cun compañeiro da súa clase con TEA.

Así que á titora e ás profesoras especialistas ocorréuselles que podería ser moi interesante que tamén eles compartisen co seu amigo a súa divertida forma de aprender.

A partir dunha canción sobre o inverno que estiveron a aprender, preparamos diferentes actividades para todos.

O resultado é que todos saben esa canción á perfección e o que é máis importante: na aula de 3 anos ademais de compartir xogos, contos, aprendizaxes, diversión e bos momentos, comparten unha divertida forma de aprender co seu amigo especial.