UNHA CHARLA MOI SAUDABLE

Este martes día 8 tivemos no colexio unha charla sobre "Alimentación saudable" da man de Adicam.

A responsable de nutrición da asociación Adicam (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama) estivo este martes no noso salón de actos para impartir unha charla a profesorado e familias sobre "Alimentación saudable". Nela incidiu nas claves que poden facer que os nosos hábitos alimenticios actuais xoguen un papel importante na prevención de enfermidades futuras.

Queremos agradecer a Adicam e, moi especialmente, a Alba o tempo invertido e os bos consellos recibidos.